Tempo para o Té

Saboreemos unha cunca de té:

A luz da tarde ilumina as canas de bambú, as fontes cantan  melodiosas, o suspiro dos piñeiros crepita #ante a  tetera. Permitamos que os soños se desvanezan e deixémonos arrastrar pola fascinante sinxeleza das cousas.

A primeira cunca humedece os meus beizos e a garganta; a segunda rompe a miña soidade; a terceira, penetra nas miñas entrañas removendo mil pensamentos estraños; a cuarta prodúceme unha lixeira suor e todas as  pesadumbres da vida desaparecen polos poros da miña pel; coa quinta me  purifico; a sexta transpórtame ao reino dos inmortais; a sétima... Ah, a sétima!... pero non podo beber máis, sinto que un aire frío percorre os meus brazos baixo as anchas mangas: Onde está  Horasan? Deixádeme cabalgar sobre a doce brisa que me conduce alí!

Lu  Tung, poeta da dinastía  Tang.

Do Libro do Che de  Okakura  Kakuzo tradución de Jose  J. Fonte.  Miraguano Edicións

Filtros activos