Teteras Iwachu
As teteras en ferro de Iwachu son fabricadas desde hai 100 anos en Morioka, Xapón. Os artigos Iwachu son recoñecidos internacionalmente, hoxe seguen unha fabricación en gran parte do seu proceso artesanal.
As teteras tradicionais, de ferro coado, Iwachu, debido ao seu proceso de fabricación e os controis de seguridade, non desprenden metais. Son imitadas, pero non se conseguen os resultados nin o deseño, nin a calidade que presentan as orixinais.
Todas levan cesta-filtro para a infusión.
Algunhas, están decoradas cun relevo chamado « arare», que significa saraiba. É un tema decorativo clásico das teteras xaponesas.