Que é Enerxía Zen?
Somos unha tenda online especializada en artigos e accesorios relacionados co modo de vida ZEN.
A filosofía Zen é un modo de vida e enfoque a realidade, que foi aceptado e apreciado no occidente.
Os nosos produtos, os cales poderá adquirir a través da nosa web dunha maneira intuitiva e con total seguridade; importados directamente desde o afastado, milenario e moderno oriente; axudaranlle e servirán para o seu goce, práctica e benestar.
Esperando que os nosos produtos escollidos con mimo e coidado que inspiran Meditación, tráianlle relax, paz e alegría a todos os niveis, quedamos á súa disposición para calquera consulta.
Namaste de parte do equipo de Energía Zen.
Que é o Zen?
O Zen é unha escola do budismo que busca a sabiduría máis ala do raciocinio, apartándose do coñecemento racional ou intelectual, buscando o crecemento persoal a través da experiencia do autocoñecemento interno
Persegue a esencia da realidade, e a través de ela o mundo e o seu contorno
Só na medida de que dispoñamos dunha mente sa e aberta, poderemos ter acceso a unha realidade e a un mundo tamén sans e libres de inquietudes, ansiedades e estrés.
Os cimentos para chegar a ter unha mente sa e libre, para obter unha perspectiva de vida saudabel e equilibrada é a meditación, de ai provén a palabra Zen. O fin do Zen é o Nirvana ou Iluminación, que equivale a adquirir plena conciencia do que un é.
Este é o camiño para descubrir a felicidade de vivir a plenitude do momento, por iso é polo que a filosofía Zen tamén é conocida pola filosofía do "aquí e agora". A iluminación en Zen non significa retirarse do mundo, se non todo o contrario, implica unha activa participación na vida cotiá.
E aquí é onde entramos nos...