Koh Do

Iniciación ao mundo do incenso xaponés. O deseño está baseado en obras mestras da arte xaponés e contén incensos tradicionais de gran calidade en envase máis pequeno e alcanzable. É posible que atopes un aroma que vaia coa túa personalidade e queiras gozalo máis, ou que se converta en parte integrante do teu fogar. Nese caso quizá che poida interesar adquirilo en caixa grande pois en Xapón o incenso de uso cotián véndese en caixas con 300 ou máis barritas (ver Incenso Tradicional).
As dez virtudes do incenso
recompiladas por un monxe zen do século XVI
Facilita a comunicación co transcendente
Purifica corpo e mente
Dá sensación de limpeza
Mantén a mente alerta
Acompáñanos na soidade
Trae paz no trafego diario
Cando abunda, non cansa
Cando escasea, un pouco tamén satisfai
Aínda almacenado moito tempo, mantén o seu aroma
Usalo diariamente non fai dano