eko® lite yoga mat 4mm - midnight
Esterilla de ioga de caucho natural, duradeira e respectuosa co medio ambiente. 100% natural.
Grosor: 4 mm
Ancho: 61 cm
Longo: 180 cm
Peso: 2,1 kg
Material: Caucho
Pasarela de pago segura
Envío en 48 horas á península
Devolución ata 14 días despóis da compra
A comoda esterilla eKO Lite é acolchada e ten un agarre de caucho natural que evita calquera esvaramento. Debido a que a goma non provén da Amazonia e grazas á súa produción ecolóxica, esta esterilla respecta o medio ambiente á vez que che axuda co teu adestramento.
Reúne as características do caucho cunha confortable textura de herba que proporciona unha doce sensación de amortiguación moi agradable ao contacto co corpo. Esta esterilla de caucho natural pasa por un proceso de abrandamento totalmente libre dos produtos tóxicos e dos axentes escumantes ou plastificantes que a miúdo atopamos noutras esterillas. A esterilla EKO Lite é a esterilla do futuro, a que non deixará pegada nas entulleiras.
2.1 kg; 180 cm x 61 cm; 4 mm de grosor
A esterilla de caucho natural máis duradeira do planeta
Sen PVC nin plastificantes nocivos
Feita de caucho natural biodegradable que non provén da Amazonia, con axentes escumantes non tóxicos e sen tinguiduras azoicos
99% libre de látex
Todos os refugallos post-industriais son recolleitos e usados na produción doutros materiais, resultando nun proceso de produción sen residuos.
A esterilla eKO é unha esterilla de ioga feita a base de goma obtida de forma sustentable. A diferenza doutras esterilla de goma dispoñibles hoxe en día, os axentes escumantes usados para crear a eKO non son tóxicos. Por tanto, no proceso de produción non se usa ningunha substancia química para abrandar a goma.