Raspalenguas cobre
Raspalenguas, cobre
O raspado da lingua - unha práctica yoguica milenaria.
Dispositivo de longa duración
Material: Cobre
Pasarela de pago segura
Envío en 48 horas á península
Devolución ata 14 días despóis da compra
A limpeza diaria da lingua é unha práctica ben establecida nos países do Leste, pero tardou máis en facerse popular aquí, en Occidente. Aínda así, é unha parte esencial da nosa hixiene bucal e imos ver porqué.
Na parte superior da lingua fórmase continuamente unha capa que se compón de células mortas, restos de comida e centos de miles de bacterias, vivas e mortas, xunto con restos químicos como sulfuros, producidos por estas mesmas bacterias. Os estudos chegaron á conclusión de que existe unha concentración media de 100 bacterias por célula epitelial, unha poboación de bacterias moi densa.
Cando non se limpa, este revestimento vólvese groso e é unha das principais causas do mal cheiro. Como efecto secundario, cando as papilas gustativas están cubertas destes restos, o gusto vese afectado tamén. Este sabor desagradable increméntase cando se consomen certos alimentos ou bebidas. Por último, pero non menos importante, moitos de nós durmimos coa boca aberta, o que conclúe nun desagradable espertar de boca seca e mal gusto.
O cepillado da lingua cun cepillo de dentes axuda a reducir o recubrimento da lingua, pero un limpador de lingua é moito máis eficaz.
En primeiro lugar, utiliza o cepillo de dentes para limpar a superficie da lingua, a continuación, utiliza o raspador e verás a cantidade de restos que quedan aínda despois do cepillado.
A limpeza conm raspador de lingua é un proceso moi rápido e fácil:
Coloca o raspador na parte traseira e media da lingua, con coidado de non chegar demasiado lonxe, e pasa o raspador cara adiante, suavemente, quitando a capa de restos. Lava os restos da espátula con auga corrente, logo raspa novamente cada lado da lingua. Non hai necesidade de raspar demasiado. Repite o proceso ata que non salga sucidade e enjuaga a boca con auga. Recoméndase facer isto pola mañá e pola tarde.
Se sentes algunha molestia, como secura bucal ou mal sabor, unha limpeza a media mañá ayudarà. Esta é unha boa práctica, especialmente se pasas unha época de tensión pois, a capa de bacterias tende a aumentar durante estes procesos.
Este limpador fabrícase con cobre da India.